Denominación: Asociación Codeseda Viva
CIF: G94055472
Domicilio social: Codeseda nº 16 A Estrada 36684 Pontevedra
Correo electrónico: codeseda.com@gmail.com
Data de constitución: 09/11/2011
N.º de inscripción no Rexistro de Asociacións: 2011/015967-1
Inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago
Fins da asociación (modificados en 2022)
• A recuperación, conservación e promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, así como a difusión da cultura derivada deste.
• O desenvolvemento de accións relacionadas co Camiño de Santiago e a peregrinación xacobea.
• A promoción e conservación do Camiño Xacobeo da Geira e dos Arrieiros, recoñecido polo Cabido da Catedral de Santiago de Compostela en marzo de 2019, así como o apoio aos peregrinos que o percorran.
• A coordinación de accións para a reactivación da actividade económica e social da parroquia de Codeseda (A Estrada – Pontevedra) e das parroquias veciñas.
• Promover a presencia en Internet dos negocios e colectivos do ámbito territorial, especialmente aqueles ubicados na zona do punto anterior ou xestionados por xente vinculada a ela.
• Realizar accións encamiñadas a protexer e conservar o patrimonio e a natureza da zona.
• Crear contido para publicar na páxina www.Codeseda.com.
A Xunta Directiva está formada polo Presidente da Asociación, un Secretario e un Tesoureiro.
O Presidente da Asociación (na actualidade Carlos da Barreira) foi designado pola Asemblea Xeral entre os asociados con data 26 de abril de 2024. O seu mandato durará ata o 25 de abril de 2028 e ten, entre outras, a atribución de representa-la Asociación perante calquera organismo público ou privado.
Todos os cargos son exercidos gratuitamente e non se conta con traballadores nin asalariados.
O colectivo recibe una subvención de 2.000 € anuais do Concello da Estrada para o proxecto de difundir o patrimonio cultural, natural e etnográfico de Codeseda e a zona sur do Concello da Estrada. Esta páxina web é unha das ferramentas para levar a cabo ese fin e nela pódese ver gran cantidade das accións levadas a cabo.
Para o proxecto de proxecto de investigación, recuperación e promoción do Camiño de Ignacio Taverneiro recíbese unha subvención de 6.000 € anuais da Deputación de Pontevedra (subvención única). Este proxecto, sen prexuicio de levar a cabo accións concretas noutras zonas, está centrado en varios concellos da provincia de Pontevedra.
Estes dous proxectos son independentes entre sí e os detalles do segundo poden verse na súa páxina web específica https://www.caminotaverneiro.com/
Información actualizada en xullo de 2026