O sábado 27 de febreiro de 2016, faga sol, chova ou neve!
Saída desde Codeseda (A Estrada) sobre ás 09:30 horas Ver coordenadas
Distancia total: 30 kms diseñado para aqueles que estén dispostos a desafiar os seus propios límites!
Distancia corta: 14 kms para aqueles que queiran ir máis relaxados.
Os dous trazados son de formato circular.
Cuota obligatoria: 5 euros que inclúe o seguro individual de accidentes
Anótate pagando a couta no Bar O Panadeiro de Codeseda calquera día polas mañáns ou luns, viernes, sábado ou domingo a partir das 19:00 horas
Se vives lonxe envía un mail a:
Detalle personalizado para tod@s os incritos antes do 18/02/2016
Réxime de autosuficiencia, sen puntos de avituallamiento (para os 30 kms. aconséllase levar provisións).
En Codeseda (punto de saída e chegada) hai: un bar, panadería, supermercado, carnicería/charcutería, ferretería e farmacia.
En Sabucedo (km 18 aprox. hai outro bar). No percorrido hai varias fontes.
O trazado en amarelo é o de 30 kms (o que tamén andamos a homologar na Federación).
O trazado azul, correspondente á distancia de 14 kms, que pode sufrir variacións según a climatoloxía dese día (se fai mal tempo tratarase de ir por zonas de menor dificultade).
En ambos recorridos hai zonas húmedas, de charcos e algúns tramos con silvas.
Recomendamos vir preparados con material adecuado.
Podes ver máis información en:
Codeseda.com nesta entrada sobre detalles do trazado e en esta outra coas últimas novedades.
Codeseda.com nesta sección adicada ó proxecto de homologación da ruta
Neste album de Facebook podes ver moitas máis fotos.
Tamén temos un grupo en Facebook para promocionar o evento (pide unirte se queres).
Para calquer consulta escríbenos a:
Organiza: SendeRuta
Colabora: Asociación Codeseda Viva
As persoas participantes aceptan estas condicións:
- A organización non se fai responsable da perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias.
- A organización pode sacar fotos do grupo de participantes (non primeiros planos), para promocionar a ruta, tanto ese día como en outras ocasións, no que pode aparecer a súa imaxe. Se prefires non aparecer nas fotos comunícao por escrito ou mail o inscribirte.
- Para participar é obligatorio estar debidamente inscrito e abonar a cuota de 5 € (que inclúe a cobertura do seguro individual de accidentes limitado). Os menores de 18 anos deberán ir acompañados dun adulto, que será o responsable.
- Os participantes terán a obriga de socorrer aos accidentados que necesiten axuda.
- A organización poderá facer as modificacións que sexan necesarias para o óptimo desenvolvemento da andaina.
- En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflexada nestas condicións, estarase ao que dispoña a Organización.