Crónica do descubrimento da pedra grabada ¿en latín?
Lugar: Iglesia de Codeseda – A Estrada (Galicia)
Día: 18 de xullo de 2015
Hora: 18:00
Participantes: Jorge Fernández e Carlos da Barreira
Colaborador en post-producción: Fran Ameixeiras (escaneo 3D)
Feitos: Coma un día máis nos dispoñíamos a buscar máis marcas lapidarias que nos desvelaran un pouco da nosa historia, da iglesia e antiguo convento do século XII. Despois de observar detenidamente os muros da igrexa, en uns poucos minutos atopamos unha primeira marca, sinxela pero curiosa e única. Cinco minutos despois, onde quizá ninguén se fixaría, albiscamos uns caracteres, claros, nun gran sillar de pedra duns 130 cm de largo por 50 de ancho.
Dispoñémonos a limpalo con moito coidado e respectando o estado da pedra, despois de darnos conta de que contén numerosas gravuras, que logo de limpas se convertirían en letras. Ante a nosa sorpresa, contemplamos tres liñas ben diferenciadas de letras, formando frases, delimitadas por unha clara liña na contorna que as contén.
Pensamos nun primeiro momento que poidera ser a coñecida por nós como a “Pedra mariana” inscripción da que se tén constancia anque non se sabe da súa localización exacta e na que se documentaría a cesión por parte do Rei Alfonso VII dos dominios do antiguo monasterio de “Sancti Ieorgii de Aquis Sanctis” tamén coñecida como “Codesseda” a Munio Pérez Tacón ordenado, xunto co monarca, Cabaleiro da Orde de Santiago na Catedral no ano 1124. En todo caso, e dada a inscripción, parece que non se trataría da «Pedra mariana»
Dispoñémosnos a facerlle un calco á pedra o cal nos descobre que se trata dunha inscripción da que non hai constancia histórica, descartando deste xeito que se trate da “Pedra mariana”. Nunha primeira sondaxe con expertos na época medieval parece tratarse dunha inscripción en latín abreviado e, pola feitura dos caracteres, podería datarse no século XII.
Coa inestimable axuda de Fran Ameixeiras, experto en Bellas Artes, técnico en Patrimonio e guía do PAAR (Parque Arqueolóxico da Arte rupestre de Campo Lameiro) procedemos a facer unha fotogrametría (Fotografía en 3D) para tentar delimitar a contorna e a inscripción.
A día de hoxe estamos a contrastar con diversos expertos o posible significado da inscripción e a repercusión que poida ter na nosa historia e na do antiguo monasterio de monxas benedictinas de Santa María de Augas Santas (Codeseda – A Estrada).