Resolución do 20 de agosto de 2007, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución, se lle recoñece a condición de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica e se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do Parque Eólico Monte Arca, fase I-modificación, situado nos concellos de Cuntis e A Estrada (Pontevedra), promovido por Gamesa Energía, S.A. (Expediente IN661A 04/2-4).
Examinado o expediente instruído a pedimento de Gamesa Energía, S.A., con enderezo para os efectos de notificacións na rúa Antonio Gómez Vilasó, bloque 3, portais 2 e 3, 15702 Santiago de Compostela, sobre a autorización de instalacións do Parque Eólico Monte Arca fase I-modificación (concellos de Cuntis e A Estrada (Pontevedra)); resultan os seguintes
Antecedentes de feito.
Primeiro.-O parque eólico de Monte Arca fase I admitiuse a trámite ao abeiro da Orde do 22 de xaneiro de 2004, mediante Resolución do 6 de maio de 2004, da Consellería de Innovación, Industria e Comercio (DOG nº 100, do 26 de maio), para unha potencia total de 6 MW.
Segundo.-O 27 de setembro de 2004, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública, en concreto, aprobación do proxecto sectorialeoacollemento ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica, achegando a documentación establecida para o efecto polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercializa ción, subministración e os procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e polo Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.
Terceiro.-Mediante Acordo do 22 de outubro de 2004, da Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra, o proxecto do Parque Eólico Monte Arca fase I someteuse á información pública para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no Decreto 302/2001, do 25 de outubro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.
O devandito acordo foi publicado no Diario Oficial de Galicia do 8 de novembro de 2004, no BOP de Pontevedra do 12 de novembro, no xornal La Voz de Galicia do 9 de novembro e nos taboleiros de anuncios dos concellos de Cuntis, e A Estrada (Pontevedra).
O citado proxecto contaba coas seguintes características básicas:
Título: Parque Eólico Monte Arca fase I.
Solicitante: Gamesa Energía, S.A.
Enderezo social: rúa Antonio Gómez Vilasó, bloque 3, portais 2 e 3, 15702 Santiago de Compostela.
Concellos afectados: Cuntis e A Estrada (Pontevedra).
Localización (Coordenadas poligonais en unidades UTM)
XUTM YUTM
V1 539.500 4.723.000 V2 540.700 4.723.000 V3 540.700 4.722.000 V4 541.100 4.722.000 V5 541.100 4.721.200 V6 539.500 4.721.200
Coordenadas dos aeroxeradores Aeroxeradores XUTM YUTM A1 539.905,688 4.722.529,129 A2 539.871,424 4.721.483,339 A3 539.674,000 4.721.762,000 Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:
-Mª del Carmen Maceiras Terceiro presentou alegación en que fai constar que o predio nº 22 da relación de bens e dereitos que aparece como descoñecido lle pertence legalmente a ela e ao seu irmán José Maceiras Terceiro.
-Pura Carmen Campañó Tosar presentou alegación en que fai constar que os predios nº 42, 7, 11, 12, 28, 35, 40, 50, 58, 63, 65, 75 que aparecen na relación de bens e dereitos ao seu nome están mal identificadas, presenta unha relación cos seus propietarios actuais.
-José Somoza Tosar presentou alegación en que fai constar que os predios nº 190, 206, 193 que aparecen na relación de bens e dereitos afectados son da súa propiedade, así mesmo manifestou a súa vontade de negociar unha cesión dos terreos coa empresa promotora sen ter que chegar á expropiación que lle causaría a perda total do dominio sobre os predios afectados.
-Isaura Somoza Terceiro presentou alegación en que fai constar que o predio nº 24 da relación de bens e dereitos lle pertence legalmente.
-Antonio Barbeito Sanmartín presentou alegación en que expón que a subestación do proxecto do parque eólico linda ao norte cun predio da súa propiedade, solicita que se respecten os lindes establecidos na lexislación vixente e manifesta a súa vontade de negociar coa empresa.
-Elvira Rodríguez Piñeiro presentou alegación en que manifesta a súa vontade de que se expropie toda a súa propiedade dado que a superficie que queda sen expropiar é inservible.
-Elsira Maceiras Constenla manifestou a súa vontade de negociar unha cesión dos terreos coa empresa promotora sen ter que chegar á expropiación que lle causaría a perda total do dominio sobre os predios afectados. Asemade fai constar que o predio número 187 que aparece na relación de bens e dereitos como descoñecido é da súa propiedade.
-Raquel Durán Silva presentou alegación facendo constar que o predio nº 186 da relación de bens e dereitos lle pertence legalmente.
-Manuela Puente Figueira presentou alegación en que fai constar que o predio 195 que é da súa propiedade a parece a nome de Manuel Divina Puente Figueroa, cando en realidade debería ser Manuel Divina Puente Figueira.
-Argentina Luz Novoa López manifestou a súa vontade de negociar unha cesión dos terreos coa empresa promotora sen ter que chegar á expropiación que lle causaría a perda total do dominio sobre os predios afectados. Asemade fai constar que o predio número 117 que aparece na relación de bens e dereitos como descoñecido é da súa propiedade.
-José Antonio López Pampín presentou alegación en que manifesta que os predios 18, 19 e 21 da relación de bens e dereitos afectados que aparecen como descoñecidos son da súa propiedade, así mesmo manifesta que a parcela 118 está mal delimitada en relación co predio 120.
-Senén Campos Maceiras presentou alegación en que fai constar a súa desconformidade co proxecto do parque eólico ao considerar que afecta unha zona de interese ambiental, con alto valor ecolóxico e paisaxístico, causando un impacto visual na zona, así mesmo sinala o prexuízo económico que suporá para o seu negocio a instalación do parque.
-Presentaron tamén cadansúa alegación Manuela Divina Puente Varela, Pura Blanco Ramos, Gonzalo Castro Campaño, Juan Carlos Castro Campaño, Ovidio Castro Campaño, Mª Preciosa Castro Campaño, Ramiro Castro Campaño, José Couso Castro, Carmen Sanmartín Sanmartín, Mª Mercedes Castro Campaño, Carmen Sanmartín Somoza, Mª del Carmen Sanmartín López, Juventina Sanmartín Lores, Manuel Montero Dono, Adolfo López Barreiro, Elvira Puente Varela, Evangelina Piso Bravo, Laura Moreno Sanmartín, Dosinda ReyFigueira, na cal manifestaban a súa vontade de negociar unha cesión dos terreos coa empresa promotora sen ter que chegar á expropiación que lles causaría a perda total do dominio sobre os predios afectados.
-Do mesmo xeito Francisco X. Barreiro Carracedo, Rosa Liria Villalibre Travesi, Belén Sanmartín Iglesias, Mª del Carmen Villaverde Silva, Jesusa Durán López, Manuel Ángel Cortés Sanmartín, Daniel Montero Dono, José Couso Castro, Divina Puente Figueira, Francisco Azurmendi Iglesias, José Manuel Chao Villamor, Juan Luis Chedas Figueiras, Sabina Chao López, Xosé Manuel Chao Caramés, Antonio Chao Campos, Ramiro Castro Campaño, Ovidio Castro Campaño, Mª Preciosa Castro Campaño, Mª Mercedes Castro Campaño, Juan Carlos Castro Campaño, Manuel Campos Maceiras, Gonzalo Castro Campaño, Antonio Carracedo Fandiño, Dolores Carracedo Chao, Luis Antonio Campos López, Antonio Campos Iglesias, Domingo Camba Mato, José Mª Blanco Sanmartín, Mª Elena Barbeito Sanmartín, Antonio Barbeito Sanmartín, Mª Josefa Constenla Moreno, José Constenla Neira, Xoán Xosé Constela Novoa, José Manuel Cortés Corbacho, Carlos Cortés Sanmartín, Mª José Cortés Sanmartín, Sara Cortés Sanmartín, Rosario Cortizo Piso, Amparo Coto Ameixeiras, Eduardo Coto Villalibre, Manuel Durán López, Manuel Gestoso Sanmartín, Mª Jesús Froján Martínez, José Manuel Iglesias, Mª del Rosario Iglesias Requeijo, Divina Iglesias Valiñas, José López Barreiro, Adolfo López Barreiro, Óscar López Sanmartín, Raquel Durán Silva, Rosario Lores Prieto, Elsira Maceiras Constenla, Laura Moreno Sanmartín, Ana Cristina Neira Vieites, María Paz Novoa López, Manuel Pena Carracedo, Manuel Jesús Pena Puente, Efrén Penas Carracedo, José Antonio Penas Durán, Xosefina Pereira Rivas, Manuel Pereira Sangiao, Cecilia Piso Bravo, Damián Porto Rico, Evangelina Piso Bravo, Benjamín Puente, Elvira Puente Varela, Dosinda ReyFigueira, Mª Josefina Ruzo Carracedo, Benjamín Sanmartín Durán, Benjamín Sanmartín Iglesias, Manuel Sanmartín Iglesias, Patricia Sanmartín Iglesias, Mª Jesús Sangiao, Juan Sangiao Puentes, Mª del Carmen Sangiao Sánchéz, Antonio Sangiao Sanmartín, José Sangiao, José Manuel Sanmartín, Cenita Sanmartín López, Mª del Carmen Sanmartín López, Carmen Sanmartín San-martín, Juventina Sanmartín Lores, Concepción Lourdes Sanmartín Sanmartín, Plácida Sanmartín Sanmartín, Carmen Sanmartín Somozas, Mª José Somoza Maceira, Mª Alseira Vicecite D., Elvira Vietes Rodríguez e Manuel Sanmartín Reypresentaron individualizadamente cadansúa alegación na cal expresaban a súa desconformidade co proxecto do parque eólico, ao considerar que afecta unha zona de interese ambiental, con alto valor ecolóxico e paisaxístico, causando un impacto visual e acústico negativo, así mesmo sinalan o prexuízo económico que para as parroquias da zona suporía a implantación do proxecto, polo que solicitan que se leve a cabo unha supervisión do proxecto.
Cuarto.-Unha vez pechado o prazo de recepción de alegacións e recibidos os informes dos organismos competentes, Gamesa Energía, S.A. solicitou a modificación da localización dos tres aeroxeradores e presentou un novo proxecto denominado Parque Eólico Monte Arca fase I-modificación. Mediante o Acordo do 20 de xuño de 2005, da Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra, o proxecto do Parque Eólico Monte Arca fase I-modificación someteuse á información pública para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no Decreto 302/2001, do 25 de outubro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.
O devandito acordo foi publicado no Diario Oficial de Galicia do 7 de xullo, no BOP de Pontevedra do 8 de xullo, no xornal La Voz de Galicia do 12 de xullo de 2005, e nos taboleiros de anuncios dos concellos de Cuntis e A Estrada (Pontevedra).
O citado proxecto conta coas seguintes características básicas:
Título: Parque Eólico Monte Arca fase I-modificación.
Solicitante: Gamesa Energía, S.A.
Enderezo social: rúa Antonio Gómez Vilasó, bloque 3, portais 2 e 3, 15702 Santiago de Compostela.
Concellos afectados: Cuntis e A Estrada (Pontevedra).
Localización (Coordenadas poligonais en unidades UTM)
XUTM YUTM
V1 539.500 4.723.000 V2 539.500 4.721.500 V3 540.200 4.720.800 V4 541.130 4.721.400 V5 540.400 4.722.180 V6 540.400 4.723.000
Coordenadas dos aeroxeradores Aeroxeradores XUTM YUTM A1 539.905,688 4.722.529,129 A2 540.126,625 4.721.175,699 A3 539.744,000 4.721.992,000 Coordenadas da subestación
XUTM YUTM
540.881 4.721.396 Características técnicas do parque eólico:
-Nº de aeroxeradores: 3.
-Tipo de aeroxerador: aeroxerador G87-2.000 kW.
-Potencia nominal unitaria: 2.000 kW.
-Diámetro de rotor 86,6 m, altura da torre 78 m, 3 pas (G87-2.0).
-Potencia total instalada: 6 MW.
-Produción neta anual estimada: 17.358 MWh/ano.
-Orzamento total: 5.227.612,26 euros.
Características técnicas da infraestrutura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:
-3 aeroxeradores tipo G-87 de 2.000 kW de potencia nominal unitaria.
-3 transformadores de 2.100 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,69/20-30 kV.
-Rede subterránea de interconexión entre as máquinas existentes, a 20 kV, que transportará a enerxía xerada ata a subestación prevista proxectada.
-Subestación transformadora de tipo intemperie equipada con transformador de 53 MVA (ONAF), relación de transformación 20/66 kV, celas de media tensión a 20 kV, transformador de enerxía auxiliar de 100 kVA, paramenta de medida, protección, telemando e telecontol.
Quinto.-Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:
-Antonio Barbeito Sanmartín presentou alegacións en que fai constar a súa desconformidade co proxecto do parque eólico ao considerar que afecta unha zona de interese ambiental, con alto valor ecolóxico e paisaxístico, causando un impacto visual e acústico negativo na zona, tamén sinala o prexuízo económico que para as parroquias da zona suporía a implantación do proxecto.
-Mª Josefa Constenla Moreno presentou alegación e fai constar que o predio nº 194 da relación de bens e dereitos lle pertence legalmente por herdanza.
-Elisardo Pego Pego presentou alegación en que fai constar que o parque eólico se atopa a menos de 500 metros da súa casa, tamén manifestou a súa vontade de negociar unha cesión dos terreos coa empresa pro-motora sen ter que chegar á expropiación que lle causaría a perda total do dominio sobre os predios afectados.
-Plácida Sanmartín Sanmartín presentou alegación en que fai contar a súa solicitude de que as instalacións que se proxectan respecten o linde norte da súa propiedade.
-Ovidio Castro Campaño, Ramiro Castro Campaño e Pura-Carmen Campaño Tosar presentaron cadansúa alegación en que manifestaban a súa vontade de negociar unha cesión dos terreos coa empresa promotora sen ter que chegar á expropiación que lle causaría a perda total do dominio sobre os predios afectados.
Sexto.-Con data do 14 de xuño de 2006, o Servizo de Minas da Delegación Provincial da Consellería de Innovación e Industria de Pontevedra informou que este proxecto afecta a área do:
-Permiso de investigación nº 2894 Cabalar, do cal é titular José Antonio López Pampín.
Sétimo.-Con data do 4 de xullo de 2006, a Delegación Provincial da Consellería de Innovación e Industria de Pontevedra emitiu informe favorable o proxecto do Parque Eólico Monte Arca fase I-modificación.
Oitavo.-Con data do 25 de setembro de 2006, a empresa promotora Gamesa Energía S.A. presentou ante esta dirección xeral copia do acordo acadado con José Antonio López Pampín como titular do permiso de investigación nº 2894 Cabalar, para compatibilizar a actividade eólica e a mineira.
Noveno.-O 27 de decembro de 2006, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental do Parque Eólico Monte Arca fase I-modificación. Pola Resolución do 7 de febreiro de 2007, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, a declaración de impacto ambiental publicouse no Diario Oficial de Galicia do 12 de marzo de 2007.
Décimo.-O 7 de xuño de 2007, a Dirección Xeral de Urbanismo emite informe favorable ao proxecto sectorial do Parque Eólico Monte Arca fase I-modificación.
Fundamentos de dereito.
Primeiro.-A Consellería de Innovación e Industria é a competente para resolver este procedemento, con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico,
o Decreto 36/2001, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 231/2006, do 23 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Innovación e Industria, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, e no Real decreto 661/2007, do 25 de maio, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial.
Segundo.-Polo que respecta ás alegacións presentadas cabe respostar que:
-Gamesa Energía, S.A. comunicou o mutuo acordo cos propietarios das parcelas nº 22, propiedade de Mª del Carmen Maceiras Tercerias e nº 81 de Elisardo Pego Pego.
-Gamesa Energía, S.A. comunicou a desafección da parcela nº 182, propiedade de Plácida Sanmartín Sanmartín.
-Polo que respecta ás alegacións relativas a posibles erros na titularidade dos predios ou na afección real dos predios, a empresa beneficiaria tomou razón delas. Non obstante, será no acto do levantamento das actas previas á ocupación, acto ao cal serán oportunamente convocados/as os/as afectados/as e aqueles/as que formularon alegacións por razóns de titularidade ou de afección, o momento en que se poida demostrar ou acreditar a titularidade ou os dereitos sobre os terreos afectados, achegando a documentación acreditativa de tal circunstancia. Así mesmo, este será o momento de formular as alegacións e facilitar os datos precisos para concretar, de modo fehaciente, a superficie real que vai ser ocupada e a descrición exacta dos predios afectados. Por outra banda, a convocatoria do acto de levantamento das actas previas á ocupación será sometida a información pública.
-Esta Administración non pode intervir nos acordos ou pactos amigables a que poidan chegar a entidade beneficiaria da expropiación e os titulares dos predios afectados. Igualmente, tampouco é quen de impoñer unha forma xurídica determinada -compravenda, arrendamento, etc.-a eses acordos.
-A determinación do prezo xusto, en caso de que a entidade beneficiaria da expropiación e os titulares dos bens expropiados non cheguen a un acordo amigable, correspóndelle ao Xurado de Expropiación de Galicia, que é o órgano competente para decidir a contía indemnizatoria. Polo tanto, esta Administración, que non é beneficiaria neste proceso expropiatorio, non pode establecer prezos nin valoracións económicas.
-As alegaciones ambientais foron remitidas ao órgano ambiental e recollidas na declaración de impacto ambiental do citado parque.
-En relación coa alegación presentada por Elvira Rodríguez Piñeiro na cal solicita a expropiación total da súa parcela, de acordo co artigo 23 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, o propietario do terreo poderá solicitar a expropiación total desta, cando considere antieconómica a conservación da parte non expropiada, debendo xustificar na dita solicitude as causas concretas determinantes dos prexuízos económicos, de acordo co artigo 152 do Real decreto 1955/2000
Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites procedementais sinalados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, no Decreto 302/2001, do 25 de outubro, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas vixentes de aplicación. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen todos os requisitos técnicos exixibles.
De acordo co que antecede, no exercicio das competencias que teño atribuídas, RESOLVO:
Primeiro.-Autorizar a Gamesa Energía, S.A. a instalación dos equipamentos electromecánicos do Parque Eólico Monte Arca fase I-modificación, nos concellos de Cuntis e A Estrada (Pontevedra).
Segundo.-Aprobar o proxecto de execución da citada instalación, Parque Eólico Monte Arca fase I-modificación, redactado polo enxeñeiro industrial Luis Caamaño Martínez e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia o 11 de novembro de 2005, de acordo coas seguintes características básicas:
Título: Parque Eólico Monte Arca fase I-modificación.
Solicitante: Gamesa Energía, S.A.
Enderezo social: rúa Antonio Gómez Vilasó, bloque 3, portais 2 e 3, 15702 Santiago de Compostela.
Concellos afectados: Cuntis e A Estrada (Pontevedra).
Localización (Coordenadas poligonais en unidades UTM)
XUTM YUTM
V1 539.500 4.723.000 V2 539.500 4.721.500 V3 540.200 4.720.800 V4 541.130 4.721.400 V5 540.400 4.722.180 V6 540.400 4.723.000
Coordenadas dos aeroxeradores Aeroxeradores XUTM YUTM A1 539.905,688 4.722.529,129 A2 540.126,625 4.721.175,699 A3 539.744,000 4.721.992,000 Coordenadas da subestación
XUTM YUTM
540.881 4.721.396 Características técnicas do parque eólico:
-Nº de aeroxeradores: 3.
-Tipo de aeroxerador: aeroxerador G87-2.000 kW.
-Potencia nominal unitaria: 2.000 kW.
-Diámetro de rotor 86,6 m, altura da torre 78 m, 3 pas (G87-2.0).
-Potencia total instalada: 6 MW.
-Produción neta anual estimada: 17.358 MWh/ano.
-Orzamento total: 5.227.612,26 euros.
Características técnicas da infraestrutura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:
-3 aeroxeradores tipo G-87 de 2.000 kW de potencia nominal unitaria.
-3 transformadores de 2.100 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,69/20-30 kV.
-Rede subterránea de interconexión entre as máquinas existentes, a 20 kV, que transportará a enerxía xerada ata a subestación prevista proxectada.
-Subestación transformadora de tipo intemperie equipada con transformador de 53 MVA (ONAF), relación de transformación 20/66 kV, celas de media tensión a 20 kV, transformador de enerxía auxiliar de 100 kVA, paramenta de medida, protección, telemando e telecontol.
Terceiro.-Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do Parque Eólico Monte Arca fase I-modificación, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE nº 351, do 17 de decembro).
Cuarto.-Recoñecerlle a condición de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica regulado polo Real decreto 661/2007, do 25 de maio, e incluíla no grupo b.2., subgrupo b.2.1., do artigo 2 do citado real decreto.
Esta autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:
1. Conforme o disposto no artigo 19 do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, para os efectos de garantir o cumprimento das súas obrigas, Gamesa Energía,
S.A. deberá constituír, no prazo de 30 días contados desde o día seguinte ao da notificación desta autorización, unha fianza de 104.552,25 €. O citado importeéo2%doorzamento do proxecto de execución do parque eólico que esta resolución aproba.
A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3º do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias, e devolverase unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.
- 2. Conforme o disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, que no seu artigo 4 recolle que será o órgano substantivo outorgante da autorización que deberá fixar a contía dos avais, polo que en cumprimento da normativa aplicable esta dirección xeral fixa o aval ambiental en fase de restauración no 1% do orzamento do proxecto, ascendendo a cantidade de 52.276,12 €. Para os efectos de garantir o cumprimento das súas obrigas, Gamesa Energía, S.A. depositará o citado aval no prazo de 30 días contados desde o día seguinte ao da notificación desta autorización.
- A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3º do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias, e devolverase cando desaparezan as causas que motivaron a súa exixencia, unha vez depositado o importe correspondente ao aval de restauración en fase de desmantelamento que oportunamente se fixe, conforme co artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro.
- As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto do parque eólico e documentación complementaria presentadas pola empresa, que configuran o proxecto de execución que por esta resolución se aproba, cun orzamento de 5.227.612,26 €.
- Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a previa autorización da Consellería de Innovación e Industria. Porén, a Delegación Provincial de Pontevedra desta consellería poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicarlle á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas todas as resolucións que dite en aplicación desta facultade.
- 5. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de nove meses contados a partir da data de ocupación dos terreos.
- Una vez construídas as instalacións autorizadas e con carácter previo á súa posta en marcha, a Delegación Provincial da Consellería de Innovación e Industria de Pontevedra inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos condicionados establecidos nesta resolución.
- No caso de se manifestaren perturbacións na recepción do sinal de televisión, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, Durante as obras ou unha vez rematadas, Gamesa Energía, S.A. deberá adoptar as medidas necesarias ou tramitar as modificacións do proxectoearealización de obras que sexan necesarias para devolver a recepción do sinal ás anteriores condicións de calidade.
- Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e das condicións que sexan de aplicación, que figuran na declaración de impacto ambiental formulada o 27 de decembro de 2006 pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
- Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial de produción de enerxía eléctrica, o promotor deberá inscribila no Rexistro de Instalacións de Produción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), logo da acreditación do cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 12 do Real decreto 661/2007, do 25 de maio.
- A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulamentado pola orde da Consellería de Industria e Comercio, do 29 de xullo de 2002, pola que se crea e regula o procede-mento para a captación e o procesamento dos datos de produción enerxética de Galicia das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica (DOG do 13 de agosto de 2002).
O parque eólico que se autoriza deberá cumprir no seu momento cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio que lle resulten de aplicación.
- A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condiciones impostas nesta resolución ou por outra causa excepcional que o xustifique.
- Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas. Nomeadamente deberán solicitar o informe de servidumes aeronáuticas da Dirección Xeral de Aviación Civil, do Ministerio de Fomento, por tratarse de turbinas eólicas, situadas fóra de zona de servidumes aeronáuticas pero cunha altura total superior a 100 metros, obtida da suma da distancia do chan ao buxe máis a lonxitude de pa.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, conforme o establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calqueroutro recurso que consideren pertinente.
Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2007.
Anxo Ramón Calvo SilvosaDirector xeral de Industria, Enerxía e Minas |